Lidia Rodríguez

Lidia, aínda que moi nova, foi unha das que máis pelexou polos dereitos dos traballadores. Dende os inicios os empregados tiñan que cambiarse á intemperie e comer no monte ó frío. Ela, xunto con outros dos membros do sindicato, conseguiu que se fixesen novas instalacións como vestiarios, comedores, baños ou taquillas que aseguraron unhas condicións de traballo dignas para a xente de Caneliñas.

Naquela época non foi doado loitar polos seus dereitos sendo unha muller e en moitas ocasións era castigada facendo os traballos máis difíciles da industria. 

 

Reproducir vídeo