Julio é o fillo do último director da industria baleeira de Caneliñas. Viviu maís de 10 anos na mesma factoría xunto aos seus pais e irmán, tíos e primos. Conviviu coas baleas mantendo a súa infacia e parte da adolescencia dun xeito totalmente normal e, á vez, extraordinario. Percorremos o que foi a súa vivenda, un espazo que a día de hoxe se atopa totalmente despoboado e en ruínas. Ata o momento non volvera ás súas orixes, lugar ao que ao seu pai tamén lle costa voltar pola nostalxia que lle xera ver o que foi o seu fogar nun estado tan tráxico.