Constante, do Ézaro, traballou durante 11 anos nos buques baleeiros e pasou por distintos postos de traballo. Comezou en cociña, logo en máquinas e tamén estivo de mariñeiro. Nestes buques podíanse cazar varios cetáceos na mesma xornada e, aínda que a cantidade podía variar, o cachalote era a especie máis común. Unha vez conseguida a peza, era preciso chegar canto antes a terra para manter a calidade da carne.
Cando pecha Caneliñas sinte unha profunda pena e rapidamente ten que buscar un novo traballo no que recolocarse.