Celina formou parte da historia de Caneliñas ao traballar durante máis de 10 anos na factoría. Comezou con tan só 18 anos e recorda esta etapa da súa vida con moito cariño, mesmo acudiu a traballar ata o día no que dou a luz ao seu primoxénito. Os labores das mulleres na industria eran dos máis duros e, na súa época, estaban peor remunerados que os dos homes. Cos anos, e despois de loitar por unha igualdade laboral, isto cambiaría.