O fin de Caneliñas
A factoría pechou ao fin da campaña de 1985, que marcou o inicio da moratoria imposta pola Comisión Ballanera Internacional e, durante varios anos, IBSA mantivo a factoría en bo estado. En 1994 produciuse a bancarrota da empresa, momento no que pasa a mans dos bancos acredores, e a instalación caeu en abandono. Posteriormente foi empregada como planta de despezamento de barcos durante un curto período de tempo e moitos dos equipos foron convertidos en chatarra.
Reproducir vídeo
Na actualidade o enclave vese sumido nunha gran ruina industrial
Descúbreo nas imaxes da factoría baleeira de Caneliñas na actualidade