A época norueguesa

A baleeira de Caneliñas ponse en marcha no momento no que a Compañía Baleeira Española se fai cunha planta de salgadura e 3 hectáreas de terreo nun pequeno areal da Costa da Morte. Os noruegueses aséntanse nesta enseada por considerala un punto estratéxico no tránsito dos cetáceos e debido aos baixos costes de produción . Todo rematou tras 4 temporadas en activo, cando se produxo o colapso da poboación de baleas e a empresa viuse sumida en débedas.

Reproducir vídeo

Durante o bienio de 1919 a 1920, tras a pausa causada pola guerra e a mala situación latente na Galicia rural, o número de emigrantes galegos a Sudamérica superou os 57.000. Esta cifra fixo que os locais apoiasen a implantación da factoría en Caneliñas, ata o momento dependente da agricultura de minifundio e a pesca de baixura. 

Inauguración oficial da factoría de Caneliñas, 14 de novembro do 1924 – Fonte: Arquivo de Álex Aguilar

Ata o momento esta ubicación estivera ocupada por unha fábrica de salgadura de peixe. As condicións laborais eran moi duras. Os traballadores tan só cobraban dependendo da cantidade de traballo, había empregados menores de idade e as xornadas duraban máis de 12 horas. 

A situación explotou cando se decidiu que cobrasen a destajo, por traballo feito e non por xornal. Así, 70 xornaleiros abandonaron a factoría durante varios días, protagonizando a primeira folga de traballadores da Costa da Morte. O conflito resolveuse tras modificar o sistema de salarios e o réxime laboral. 

0
NÚMERO DE CETÁCEOS CAZADOS DE 1924 A 1927

Galería de imaxes