Josefina Outes

Fina é unha das poucas que coñece toda a historia de Caneliñas. Dende ben nova viviu nunha casa ao carón da factoría e, cando tivo a idade suficiente, comezou a traballar alí ata o seu peche. Lembra infinidade vivenzas relacionadas con esta industria dende os seus inicios ata a actualidade dende un punto de vista moi próximo.

No 1951, cando se despeza na praia a primeira balea desta época, a tardanza no despezamento por parte dos operarios fixo que o animal comezase a descompoñerse. O director da factoría mandou a Fina, que neste momento tiña 12 anos, a mercar augardente de caña para rebaixar aquel cheiro. O seu pai, vendo negocio no acontecido, ianugurou pouco despois a primeira taberna de Caneliñas nunha casiña preto da factoría.

Reproducir vídeo