A pegada artística
A industria de Caneliñas foi un foco de inspiración para moitos artistas da época, que basearon o seu arte na temática baleeira. Na actualidade esta segue a despertar o interese de múltipes artistas a través de diferentes disciplinas moi variadas.
Coñece aos artistas

Begoña Fernández
Xerenta de Stoupa. Trátase dunha empresa situada en Cee que aposta pola Costa da Morte. Todos os seus produtos e servizos son de emprendedores, artistas, empresarios e artesáns da zona. Contan con obras únicas como artesanía, pintura, escultura, fotografía ou moda. O seu factor común, a Costa da Morte.

Adhara Caamaño e Pablo Pérez
Cantante e integrante de Adhara&Ritman, e guitarrista de Almánimal. Son dous músicos da Costa da Morte que dan voz ó documental cun tema inédito e inspirado na historia da baleeira de Caneliñas e deste documental interactivo. Trátase dunha peza producida por Arturo Kress.

Marcos Rodríguez
Fotógrafo profesional con recoñecemento e galardóns a nivel europeo e mundial. Recibe o premio como “Mejor Fotógrafo Europeo del año en Reportaje gráfico 2017” por fotografar unha balea barada nas nosas costas e sérvese da inspiración da baleeira en varias das súas sesións.

Francisco Xosé Fernández Naval
Coñecido como Chisco, é un filósofo e escritor ourensán afincado na Costa da Morte. Leva máis de dez anos traballando na creación dunha obra literaria de 16 capítulos sobre a relación de Galicia cos cetáceos dende os nosos inicios na que mestura diferentes xéneros e estilos. Varios dos capítulos fálannos de Caneliñas, un sobre a etapa dos noruegos e outro sobre o nacemento de IBSA.

Xosé Iglesias
Ademais de mariñeiro é poeta, fotógrafo e pintor. Conta con varias obras de temática baleeira, tanto artísticas como literarias. NacionMar é un álbum ilustrado no que homenaxea as baleas trasformándoas en barcos míticos da Costa da Morte. Noutro proxecto, As baleas nauta, Xosé constrúe baleas a man dun xeito artesanal.

Álex Aguilar
Nado no 1957, é un catedrático do Departamento de Bioloxía Evolutiva, Ecoloxía e Ciencias Ambientais e Xefe do Grupo de Investigación de Grandes Vertebrados Mariños da Universidade de Barcelona. Membro dos comités científicos da Comisión Internacional da Ballenera e da Unión Internacional para la Conservación de la Natureza. Traballou de biólogo na factoría de Caneliñas, experiencia tras a cal publicou o seu libro Chimán.