Caneliñas, a súa historia

Nun pasado non moi afastado a caza de baleas foi unha das principais actividades do tecido industrial galego, algo que a día de hoxe parece tan incrible como certo. Máis aínda cando pensamos nun lugar como Caneliñas (Cee, A Coruña), onde unha factoría baleeira chegou a converterse nun dos motores económicos da zona dende a súa apertura, o 14 de novembro de 1924, ata o cese da súa actividade no 1985. 

Esta industria pasou a ser unha das plantas de aproveitamento de baleas máis grandes da Península Ibérica e mesmo a última en manterse activa en toda Europa.  Caneliñas, a costa das baleas, pretende recuperar os recordos daqueles que viviron ou gardan relación con esta singular historia local e amosar o acontecido nesta costa ás xeracións presentes e vindeiras. 

Caza baleeira, Costa da Morte, ecoloxismo, dereitos laborais e mesmo feminismo únense nunha mesma peza para contar aquilo que moitos aínda descoñecen.

Coñece os personaxes